Os usuarios realizarán o envío da incidencia a través do panel web dispoñíbel dende o PC ou o móvil.
Para aumentar as funcionalidades, pódese realizar o envío de suxerencias para mellorar a calidade da cidade.
Mediante un panel de xestión poderanse tramitar todas as incidencias e suxerencias recibidas.
Emerxia é o sistema de notificacións e xestor de incidencias desenvolvido por evelb.
Dirixido para os cidadáns e as institucións públicas, este servizo permite a calquera cidadán de calquera poboación suxerir ou reportar calquera incidencia coa que se atope no seu día a día.
Dende o módulo de notificación, os usuarios poderán reportar incidencias dunha forma rápida e sinxela, con só accender a web da plataforma dende calquera dispositivo, sen instalación ou descargas previas e sen complicacións de configuración.
Cada incidencia reportada é xeoposicionada automaticamente para facilitar a localización e o acceso. O usuario pode adxuntar fotografías e comentarios, e estará informado mediante o correo electrónico do proceso de xestión e resolución da súa inccidencia.
As institucións poden xestionar fácilmente e de maneira moi intuitiva todas as incidencias reportadas polos cidadáns dende un módulo de xestión con sinxelas características.
Todos os módulos que compoñen EMERXIA son personalizables e adaptables as necesidades de cada cliente.
A plataforma de xestión de servizos sociais pode instalarse en calquer equipo e acceder a ela a través da nube.